array
 

  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

 

O ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA


Xinzo de Limia ten un Entroido singular. Se nalgunha parte de Galicia se conservou na súa integridade a vivencia profunda do tempo de Entroido é na vila de Xinzo de Limia, que medrou á beira da xa desaparecida Lagoa de Antela.


Figura singular entroido como referencia destacada entre ún dos mellores Entroidos de España e Portugal, e incluso de Europa, polo que o Entroido de Xinzo de Limia é acreedor ao título de “Festa de Interese Turístico Nacional”. Esta distinción débese, por unha banda, á figura da “Pantalla”, personaxe central deste entroido que posúe unha gran vistosidade na súa indumentaria e movimentos, batendo as características vexigas e alegrando a festa ao son de campaíñas e axóuxeres.


Por outra banda, tal distinción débese tamén á amplitude do seu ciclo festivo, de cinco fins de semana de duración (Sábado do Petardazo, Domingo Fareleiro, Sábado do desfile e colgamento do Meco, Domingo Oleiro, Sábado de Mulleres, Domingo Corredoiro, Venres, Sábado, Domingo, Luns e Martes de Entroido, Enterro da Sardiña e Domingo de Piñata) e tamén á masiva participación popular na festa. Neste entroido é moi difícil atopar a ninguén que, sendo veciño do concello, ande sen disfrazar. Dá igual a idade, sexo ou condición; individualmente ou en grupo, todo o mundo se disfraza.

 

 

Galerías de imaxes do ciclo festivo do Entroido limiao:

Sábado do Petardazo

Domingo de Fareleiro

Sábado do Colgamento do Meco

Domingo de Oleiro

Sábado de Mulleres

Domingo de Corredoiro

Venres, Sábado, Domingo, Luns e Martes de Entroido

Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

 

Outras imaxes do Entroido:

Desfile nenos

Pantallas e obradoiro de pantallas

 

 
 
 
 
 

Concello de Xinzo de Limia Deputacion Provincial de Ourense
Joomla51.com