Saúdo do alcalde

Queridos veciños e veciñas: antonio

É para min un motivo de orgullo e satisfacción, presentar e dar a coñecer o Concello de Xinzo de Limia a través desta páxina web.

Internet ofrécenos multitude de posibilidades para descubrir novas formas de comunicación a nivel mundial, poder coñecer distintas culturas e costumes entre persoas e pobos, tendo acceso a unha información sen límites.

O noso afán é converter o noso Municipio nunha poboación do Século XXI, o século da información e as telecomunicacións. Por este motivo e sendo sensibles aos cambios tecnolóxicos necesarios, fixemos un esforzo para modernizarnos e adaptarnos aos novos tempos. Marcámonos o obxectivo de converternos nunha administración máis dinámica, áxil, eficaz e eficiente. Desta forma poñemos á vosa disposición un potente portal de atención ao cidadán.

Con estas novas ferramentas melloramos en calidade os servizos públicos e aínda máis importantes, achegámonos máis a todos eles, os nosos veciños. Tamén melloramos na nosa calidade de vida, ao facer dos trámites administrativos un labor máis sinxelo e cómodo.
Pretendemos que sexa unha web interactiva e intuitiva, doada de usar, operativa e dinámica. É un esforzo compartido, que ten como obxectivo o achegamento á Administración electrónica e que nos permita unha participación activa a todos.

É o meu desexo que a nosa web vaia evolucionando de forma progresiva para conseguir ofrecer aos nosos veciños os mellores servizos e intentar simplificar os trámites administrativos. Neste sentido, quero lanzar o compromiso de continuar incorporando novas opcións cada día.

Por último aproveitar a oportunidade que me brindan estas páxinas para dar a coñecer un pouco máis o Concello de Xinzo de Limia e para invitar a todos os navegantes a visitarnos, a gozar das nosas festas e da oferta turística, cultural, deportiva e de ocio, e a comprobar a amabilidade e vocación de apertura da nosa vila ao exterior coa seguridade de que os nosos visitantes non verán defraudadas as súas expectativas.

Antonio Pérez.