Pleno Municipal

Pleno de abril 2016

 

O Pleno do Concello de Xinzo de Limia  está composto por un total de 17 concelleiros, cuxo desagregue é o seguinte:

  •  9  concelleiros do Partido Popular de Galicia
  •  3 concelleiros do Parido Socialista de Galicia
  •  3 concelleiros de agrupación Xinzo Adiante
  •  1 concelleiro Bloque Nacionalista Galego

A Presidencia do Pleno correspóndelle ao Alcalde, quen debe asegurar a boa marcha dos seus traballos, convoca e preside as sesións, dirixe os debates e mantén a orde dos mesmos. En ocasións o Alcalde poderá delegar a convocatoria e a presidencia do Pleno nun dos concelleiros.


O Pleno está formado polo Alcalde, os concelleiros e é o órgano de máxima representación política dos cidadáns no Goberno Municipal.

Constituída a Corporación Municipal, procédese á elección do Alcalde, quen preside o Pleno.

Os concelleiros, a efectos da súa actuación Corporativa, constitúense en Grupos Políticos, na forma e cos dereitos e obrigacións que establece a lexislación vixente.