Atribucións da Xunta de Goberno Local

1ª. A xerencia da vida económica municipal, en conformidade con o orzamento en vigor, dispondo gastos e aprobando facturas dentro das contías atribuídas á Presidencia.

2ª. As competencias como órgano de contratación dentro das contías atribuídas á Presidencia respecto dos contratos de obras, de subministración, de servizos, de xestión de servizos públicos, os contratos administrativos especiais, e os contratos privados cando o seu importe non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do presuposto nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referida aos recursos ordinarios do presuposto do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
Así mesmo corresponde á Xunta de Goberno Local a adxudicación de concesións sobre os bens destas e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do presuposto nin o importe de tres millóns de euros, así como a alienación do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a contía indicadas.

3ª. Conceder licenzas de apertura de establecementos e de venda ambulante no territorio municipal.

4ª. Conceder licenzas urbanísticas, así como de fin de obra e de ocupación de edificios.

5ª. Emitir informes urbanísticos, nos termos da normativa aprobada, e tamén informes en expedientes para edificar en solo non urbanizable ou de uso rústico.

6ª. Resolver expedientes relativos ás actividades urbanísticas dos particulares, así como tamén os relativos á toma de medidas que se estimen necesarias para protexer a legalidade urbanística.

7ª. Coñecer e aprobar, no seu caso, proxectos e certificados xustificativos de obras, dentro da contía que a normativa lle reserva á Presidencia.

8ª. Autorizar cambios de vehículos nas actividades suxeitas a licenza e relacionadas co transporte público.

9ª. Conceder permisos para conectar coas redes de abastecemento e saneamento.

10ª. Aprobar os censos fiscais, nos termos das ordenanzas aprobadas, así como os apéndices de altas e baixas nos mesmos.

11ª. Outorgar subsidios con cargo a créditos específicos consignados no orzamento aprobado.

12ª. Emitir informe nos expedientes suxeitos ao Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

13ª. Nomear funcionarios de carreira no cadro de persoal a quenes superen as probas convocadas, nos termos da proposta do tribunal cualificador.

14ª. Outorgar licenzas cando así o dispoñan as ordenanzas municipais.

15ª. Solicitar, prestar conformidade e xustificar toda clase de subsidios e axudas que convoquen outros entes ou organismos de carácter público ou privado.

16ª. Coñecer e resolver sobre toda clase de escritos que versen sobre as materias que pasan a ser da competencia da Xunta de Goberno Local.

17ª. Todas as demais competencias que as leis do Estado ou da Comunidade Autónoma sinalen ao Municipio e non sexan expresamente atribuídas a outros órganos municipais, sempre que pola Presidencia se sometan ao exame e deliberación da Xunta de Goberno Local.

 

A Xunta de Goberno Local celebrará reunión ordinaria con periodicidade semanal, ás doce horas do primeiro día útil da semana que corresponda, tomando como referencia para o inicio do cómputo a mesma semana á da data en que este órgano deliberante e resolutorio se constitúa, sen prexuízo das de carácter extraordinario que a Presidencia estime oportuno convocar cando a conveniencia de resolver asuntos propios da competencia deste órgano así o aconselle.