Servizos Sociais

xunta_gal                                     1_Logo_UE(1)

Accións financiadas a través da orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2017-2018, cofinanciada polo Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014 - 2020  da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (DOG nº140 do 24/07/2017).

 

PROGRAMAS DIRIXIDOS A INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DE COLECTIVOS VULNERABLES

 

PROGRAMA DE INTERVENCIÓN INTEGRAL DA COMUNIDADE XITANA 2017/2018

Obxectivo xeral

  • Mellorar a inclusión sociolaboral da poboación xitana.

Obxectivos específicos

  • Promover a inclusión social activa dos destinatarios.
  • Fortalecer as competencias precisas para posibilitar o acceso ó emprego.
  • Concienciar sobre a relación de entrar no mercado laboral cas melloras de vida que implica.
  • Reducir a dependencia de axudas sociais.
  • Garantir o coñecemento e uso dos recursos existentes de aceso ó emprego.
  • Mellorar a empregabilidade dos destinatarios
  • Adquirir coñecementos e habilidades de corte e confección para o desempeño dun posto de traballo.
  • Adquirir coñecementos de horticultura.
  • Coñecer e saber usar os recursos e ferramentas dixitais e as novas tecnoloxías no acceso ó emprego.
  • Adquirir habilidades, estratexias e coñecementos para a busca de emprego.
  • Adquirir coñecementos para a consecución das competencias clave e posterior ampliación da súa formación laboral.
  • Favorecer o acceso a unha vivenda digna e reducir os conflictos veciñais mellorando a convivencia.
  • Reducir o analfabetismo da poboación xitana adulta e aumentar os coñecementos e capacidades para o desenvolvemento da súa autonomía.

 

Actuacións do programa:

APOIO A INCLUSIÓN A TRAVÉS DE ITINERARIOS

APOIO A INCLUSIÓN NA PROMOCIÓN DO ACCESO E MANTEMENTO DA VIVENDA

FORMACIÓN ADAPTADA:

  • Acción Formativa de corte e confección
  • Acción Formativa de Inicio a Horticultura
  • Acción Formativade Preparación de competencias clave
  • Acción Formativa de Alfabetización para maiores de 16 anos
  • Acción Formativa de Alfabetización dixital.

 

Resultados:

  • Participación e implicación activa dos destinatarios nas distintas actuacións.
  • Aumento do números de persoas e familias que melloran a súa situación de vivenda e a súa integración socialaboral.

 

PROGRAMA INTEGRAL DE ATENDEMENTO Á POBOACIÓN INMIGRANTE 2017/2018

Obxectivo xeral

  • Mellorar a integración e inclusión socio laboral da poboación inmigrante.

Obxectivos específicos

  • Adquirir habilidades, estratexias e coñecementos para a busca de emprego.
  • Coñecer e saber usar os recursos e ferramentas dixitais e as novas tecnoloxías no acceso ó emprego.
  • Adquirir coñecementos e habilidades de corte e confección para o desempeño dun posto de traballo.
  • Favorecer o coñecemento das linguas para a mellora do seu desenvovemento e autonomía.
  • Coñecer as costumes e valores da sociedade de acollida.

 

Actuacións do programa:

APOIO A INCLUSIÓN A TRAVÉS DE ITINERARIOS

FORMACIÓN ADAPTADA:

  • Acción Formativa de corte e confección
  • Acción Formativa de Alfabetización dixital.
  • Acción Formativa de Cidadanía, Igualdade e Convivencia

 

            ADQUISICIÓN DE HABILIDADES:

  • Acción Formativa de competencia oral

 

MEDIACIÓN INTERCULTURAL

Resultados:

  • Participación e implicación activa dos destinatarios nas distintas actuacións.
  • Aumento do números de persoas e familias que melloran a súa integración socialaboral.
  • Reducción dos conflictos e mellora da convivencia.