Xinzo de Limia

A PARTIR DAS 10:00

Xinzo convoca o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto para o vindeiro luns día 17

As mulleres con endiometrose recibirán o apoio de toda a corporación grazas á presentación y previsible aprobación dunha moción conxunta presentada ao respecto

IMG_20180822_170615
Membros da nova corporación municipal

O rexedor municipal de Xinzo de Limia, Manuel Cabas, vén de convocar o pleno ordinario do mes de setembro para o vindeiro luns, día 17, ás 10:00 horas.

Nesta sesión plenaria prevese que se aprobe definitivamente a conta xeral do 2017, así como que se debate e aprobe a moción conxunta presentada por todos os grupos políticos coa que se pretende dar apoio ás mulleres con endiometrose, a petición da asociación querENDO.

A endiometrose é unha doenza inflamatoria de orixe descoñecida que causa lesións ováricas e unha severa distorsión no corpo da muller que a padece.

A orde do día completa para a sesión resulta como segue:

  1. A probación da acta anterior
  2. Aprobación definitiva da conta xeral do ano 2017
  3. Proposta da alcaldía sobre representantes do concello no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
  4. Proposta da alcaldía sobre representantes do concello na comisión de seguemento do convenio para o funcionamento da escola infantil
  5. Proposta sobre o representante no Consello Escolar do IES Cidade de Antioquía
  6. Proposta sobre compoñentes da comsión de control para o persoal laboral
  7. Proposta sobre representantes na mesa local do comercio de Xinzo
  8. Convenio de colaboración coa Xunta, FEGAMP e SEAGA para un sistema público de xestión da biomasa
  9. Moción conxunta de apoio ás mulleres con endiometrose
  10. Dación de contas dos decretos da alcaldía
  11. Rogos e preguntas