Xinzo de Limia

ELECCIÓN DE NOVO ALCALDE

O pleno extraordinario dá a alcaldía a Don Manuel López Casas, sexto da etapa democrática

Todos temos a responsabilidade de servir aos veciños e veciñas deste Concello

IMG_5569
D.Manuel López Casas

Hoxe, día 6 de abril de 2018, en Xinzo de Limia, procedeuse á celebración do pleno extraordinario cuxo primeiro punto foi a aprobación do seu carácter urxente, xustificado pola necesidade da toma de posesión do novo concelleiro substituto e do novo alcalde. Polo segundo punto da orde do día procedeuse á designación e toma de posesión do cargo de concelleiro substituto , Don Ricardo Sieiro.

152Pasouse logo ao seguinte punto na orde do dia que era o da elección do novo alcalde da corporación para o cal, todos os que encabezaron as listas dos diferentes partidos nas eleccións do 2015 eran candidatos. Os candidatos a este cargo foron: Don Ramón Rodríguez Suárez, Don Manuel Pérez Campos, Dona Elvira Lama Fernández e Don Manuel López Casas. A portavoz dos Socialistas solicitou da presidencia que ostentaba naqueles intres Manuel Cabas, a   petición de optar por votación secreta en furna.

Procedeuse á mesma, dando como resultado nove votos a Don Manuel López Casas, catro votos a Dona Elvira Lama Fernández tres votos a Don Manuel Pérez Campos e 1 voto para D.Ramiro Rodríguez. Por maioría, proclamouse a Don Manuel López Casas como novo alcalde do Concello de Xinzo de Limia.

 IMG_5598No seu  discurso de toma de posesión ,o novo alcalde, deixou clara a intención de antepoñer as necesidades dos veciños e veciñas de Xinzo aos intereses particulares dos partidos. Impúxose a vontade de seguir a liña do diálogo e consenso, sen esquecer nunca que o obxectivo primordial é o de servir a Xinzo: “Todos temos a responsabilidade de servir aos veciños e veciñas deste concello”, en palabras textuais de novo alcalde. Tamén se expresou o desexo de seguir a folla de ruta marcada polo anterior alcalde, do cal eloxiou a súa “brilante xestión económica”.