Xinzo de Limia

O equipo de Básquet de Xinzo de Limia gaña todos os partidos no Campionato Galego de Básquet Feminino de 2ª división

O partido final foi o máis desputado e o máis glorioso para o quipo

básquet
Equipo feminino de básquet xunto ao seu entrenador, Luis M. Gil

 

Este pasado fin de semana disputouse na Estrada o Campionato Galego de Básquet Feminino de 2ª división, ao que chegaron equipos representantes de toda Galicia.

 

O sábado pola tarde, o equipo A. B. Xinzo e o Montrove da Coruña enfrontáronse nun partido no que, desde o principio, o equipo de Xinzo tomou vantaxe e terminou cun resultado de 50 puntos de diferenza.

 

O domingo, a xornada comezou ás 9:30. O A. B. de Xinzo enfrontouse ao C. B.Burela, ao que gañou cunha diferenza de 7 puntos cun 73-66. Finalmente, as mozas do equipo de Xinzo chegaron máis cansas que o equipo contrario, que non competira anteriormente. Durante os tres primeiros cuartos, o A. B. de Xinzo non lograba facerse co marcador. Con todo, no último cuarto, lograron vencer por nada máis nin nada menos que 11 puntos de diferenza.

Estas guerreiras deron o último paso para acadar a victoria da fase Galega de segunda división de Mini Femenino e traer o trofeo para as terras do Limia. Gracias os pais e a todos que deron folgos as nosas xogadoras e gracias a Fegaba - Federacion Gallega de Baloncesto e o Concello A Estrada polo trato recibido.