Xinzo de Limia

PLENO EXTRAORDINARIO 12/04/2018

Nomeamento de Ricardo Sieiro como concelleiro de Obras Infraestruturas e Urbanismo

Nomeamentos dos novos tenientes de alcalde e comisión de goberno

179

Na mañá de hoxe día 12 de abril o novo alcalde López Casas fixo a súa primeira convocatoria de pleno, neste caso extraordinaria na que informou ao pleno da nova distribución das comisións informativa, dos compoñentes da comisión de Goberno, dos tenentes de alcalde e as competencias que asume o  novo concelleiro Ricardo Sieiro.

A primeira comunicación foi a das competencias que asumirá ata o final da lexislatura o novo concelleiro sendo as de Obras, Infraestruturas e Urbanismo  cunha dedicación parcial de 35 horas semanais e cunha achega por parte das arcas municipais de 1900 euros brutos en 14 pagas incrementándose na cotización a Seguridade Social, por parte do Concello.

Despois deste comunicado deulle a palabra aos membros da oposición os calesrexeitando en primeiro lugar, déronlle a benvida ao novo concelleiro e felicitaron o novo alcalde, xa que no pleno anterior non tomaran a palabra.

Despois da benvida e felicitacións  Ramiro  (BNG) Manuel (XA) e Elvira  Lama(PSOE)  foron  rechazando cada un a dedicación parcial do novo concelleiro argumentando que esa concellería non tiña , por desgraza, tanto traballo posto que no que se levaba de lexislatura as obras , para eles eran nulas. Taméasinarn fixeron fincapé en que o Concello ten dous técnicos superiores e unha aparelladora que son os que fan os traballos, informes e que o concelleiro solo ten que firmar.

O portavoz do PP Manuel Cabas, solicita para o traballo do novo concelleiro, polo menos, o beneficio da dúbida e que menos que 100 dias, para poder xulgar a súa labor. Tamén indicou que aínda que a súa dedicación era de 35 horas el sabía que ía ser total as 24 horas do día.

Despois de dúas intervencións a hora da votación os concelleiros do PP fixérono positivamente a favor da proposta e os membros da oposición conxuntamente votaron en contra.

NOVOS TENENTES DE ALCALDE E COMISIÓN DE GOBERNO

180A continuación o alcalde deu a coñecer os nomeamentos dos novos tenentes de alcalde recaendo o primeiro en Manuel Cabas, que será a súa vez o portavoz do grupo popular no pleno e segunda tenente a Teresa Puga.

Así mesmo notificou a entrada da Sra. Puga na comisión de goberno que se reunirá o primeiro día hábil da semana en sesións ordinarias e as extraordinarias que a presidencia crea necesarias.

Por último e para finalizar o pleno comunicou a todos os presentes os nomes dos concelleiros que formarán parte das distintas comisións informativas.