Xinzo de Limia

III Xornada de carreiras de cabalos da tempada 2018

Disputarase o 17 de xuño a partir das 11:00 h

Mesa de trabajo 1
Cartel III Xornada de carreiras de cabalos de 2018

A 3ª xornada de carreiras da tempada 2018 disputarase o 17 de xuño a partir das 11 h. Por segundo ano consecutivo dispútase a II COPA DEPUTACION DE OURENSE DE VELOCIDADE. Esta proba será ás 13:40 h e está reservada a cabalos Pura Sangre Ínguas nados e criados en Galicia. É a 5ª carreira da Xornada na que se reparten 800 € en premios. Os favoritos para a carreira son Odds on e New fol, sen esquecernos de Granxa e Melinda que sen dúbida inquietasen os postos de honra. As 2 Torres que presiden a entrada á Lagoa de ANTELA , terán o seu propio premio.

 

Se hai anos entre torre e torre desprazábanse en barca hoxe o Trote Enganchado emulase este percorrido histórico .Ás 11 horas darase  a saída ao Premio TORRE DE PENA (Xinzo de Limia) sobre unha distancia de 1700  .

 

Parte como favorito RAMSEY e ás 14:20 h a outra Torre enfrontada Premio TORRE DE SANDIAS sobre unha distancia de 1700 m terá como favorito a QUARAS ROSE aínda que QUASSIA tamén estará na loita para gañar en meta. O Premio ANTIOQUIA comeza ás 11: 20 h con dous claros favoritos que están sempre na líena de meta.PELAYO e SAL ALEM. Carreira de 1600 m reservada a cabalos Arabes.A continuacion sobre a mesma distancia para Pura Sangre Ínguas o Premio Gaiola marcase o ritmo dos favoritos BARBE A BOX e PARAISO CANARIAS. As 13 h darán paso á carreira curta sobre 1200 m para P. R. Arabes Premio LACH CORCEL. Nela con seguridade veremos un duelo interesante entre J. L. CARDALI e KEFREN sen descartar a sorpresa dos AB. Entre carreira e carreira sorteásese entre os asistentes vales gratuítos para o restaurante da Estación de Servizo Antela. En cada xornada dedicamos o cartel a un cabalo destacable no mundo do turf. Neste caso trátase de AMERICAN PFAROAH gañador da tripla coroa americana cun recadación de máis 8 millóns de euros en premios.