Xinzo de Limia

A Garda Real a cabalo desfilará por Xinzo

A nosa vila será o centro de operación tanto do persoal como dos animais

caballos guardia real
caballos guardia real no Palacio Real

Os primeiros contactos leváronse a cabo fai unhas semanas co Coronel Gustavo Doncel, nunha visita ao alcalde do  concello. Nela falouse da parada que os membros da Guardia Real a cabalo ían facer na provincia de Ourense.

Froito desas xestións onte desprazouse ata Xinzo a Capitana Sara Rivera López, responsable da Batería Real para estudar in situ as posibilidades de facer en Xinzo algo.

Finalmente decidiu que o destacamento se aloxe en Xinzo, así como os cabalos que durante toda a semana estén temen aloxados, ben no hipódromo , ben no campo da feira.

Tamén quedou cerrado a realización dun desfile pola rúa principal da vila, tanto da Garda Real a cabalo, como dunha dotación de cans “especialistas”pertencentes ao mesmo destacamento.

Tamén se falou de algún outro acto institucional, pero quedou pendente de estudo cos responsables de protocolo da propia Casa Real.