Xinzo de Limia

Comenza o III Festival de teatro humorístico no auditorio "Ángel Cocho"

La primeira obra será "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos" representada pola compañía Matrioshka Teatro

MATRIHOSKA TEATRO
MATRIHOSKA TEATRO

Mañá, sábado 21 de abril, comezará o festival de teatro humorístico no auditorio da casa de cultura de Xinzo, “Anxo Cocho” as 19.30h. Coa colaboración do Concello de Xinzo, o programa de dinamización lingüística Fala Redes, a Rede de Dinamización Lingüística e a Xunta de Galicia, o sábado presentarase a primeira obra, representada pola compañía de teatro profesional Matrioshka teatro. Co título “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, dita compañía realiza unha homenaxe á escritora de literatura infantil e xuvenil María Vitoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas.


A modo de anécdota, podemos comentar que o título da obra é, exactamente, o xeito que María Vitoria tiña de definirse. Como vemos, o III Festival de teatro humorístico comeza apostando forte.