Xinzo de Limia

Celebrouse o Festival de Primavera en Xinzo de Limia

A Agrupación musical dá Limia e a Orquesta CMUS Mayeusis encheron o auditorio “Ángel Cocho”

2018-04-14-PHOTO-00000038
Festival de primavera en Xinzo

Onte, día 14 de abril, celebrouse en Xinzo de Limia o Concerto-Festival de primavera. A orquestra CMUS Mayeusis de Vigo, xunto coa Agrupación Musical dá Limia, ofreceron un precioso concerto no aditorio “Angel Cocho”.

 Soaron temas clásicos e temas de banda. Como novidade, a Agrupación Musical dá Limia tocou algúns dos temas que soarán no festival de Benavente, onde competirán con outras doce agrupacións musicais de España, Francia e Portugal.


Sorprendeu gratamente a gran afluencia de xente. Tanto músicos como espectadores, entre os cales estivo Carlos Gómez, concelleiro de Cultura, quedaron moi contentos co son de ambas bandas.


Como parte do programa de intercambio que supoñía o festival de primavera, a Agrupación Musical dá Limia e a orquestra CMUS Mayeusis volverán xuntarse en Vigo no mes de xuño