Xinzo de Limia

Celebrase en Xinzo, por segundo ano consecutivo, o campus organizado pola fundación Celta de Vigo

 64 nenos e nenas participaron no  mesmo

Campus Celta 1
Campus Celta

Por segundo ano consecutivo, grazas ao acordo entre o Concello de Xinzo  e a Fundación Celta de Vigo, celebrouse en Xinzo o Campus   de fútbol para nenos e nenas  a partir de 4 anos,realizado pola fundación, que atopa neste pobo as instalacións e o persoal axeitados. 

A participación adoita ser masiva e todos os participantes, incluídos os pais e nais, soen quedar moi contentos co evento.

A fundación traballa catro áreas moi importantes para a educación física dos nenos e nenas: coordinación, tecnificación, finalización e competición.

O campus distribúese en cinco categorías de fútbol

Campus Celta2

O campus distribúese en 5 categorías: un grupo de nenos e nenas de iniciación, dous grupos de prebenxamín,  un de  de benxamíns e outro de alevíns. O grupo de iniciación, aínda que traballa tódalas categorías, céntranse sobre todo na psicomotricidade.

A totalidade dos nenos e nenas participan todos os días  en dúas sesións de mañá  de 10:00 a 14:00  con un descanso para repoñer forzas con froita e zumes.

Cando o campus remata, fanse sorteos nos que se entregan premios relacionados co R.C. Celta de Vigo  e coa fundación.