Xinzo de Limia

O DÍA VINTE PECHARASE O PRAZO DAS INSCRICIÓNS

O Campus Deportivo xa está ao virar a esquina

Durará un mes para contar desde o día dous

0001
Folla de inscición

O 2 de xullo comezará o Campus Deportivo 2018, cuxa duración será un mes,  dirixido a  nenos e nenas nacidos entre o 2005 e o 2011. De 10:30 a 13:30, os inscritos poderán xogar ao baloncesto, fútbol, atletismo, orientación, piscina, xogos deportivos, ximnasia deportiva; tamén se realizarán excursións.

 

Doutra banda, para mozos e mozas nacidos entre o 2012 e o 2013, celebrarase o Urbán-deportivo, onde se realizarán manualidades, xogos deportivos e poderase ir á piscina para pasar un intre de relax.

 

Para máis información sobre o campus ou para inscribirse, pódese acudir á Casa de Cultura ou ao pavillón ata o 21 de xuño. Coa cota de inscrición darase o equipamento.

 

O evento está patrocinado e organizado por  Limiactiva, o Club de Escolas Deportivas, o A. B.  de Xinzo, o  Concello de Xinzo de Limia e a Concellería de Deportes, Cultura e Xuventude.

 

Xa o ano pasado puideron gozar deste campus ao redor de 170 nenos, polo que se espera gran afluencia.