Xinzo de Limia

97 pontevedreses e pontevedresas visitan o Museo do Entroido en Xinzo de Limia

O Museo do Entroido, aberto polo Día Internacional dos Museos

PHOTO-2018-05-18-20-02-39
Grupo de Pontevedra

Onte, día 17, o museo do entroido permaneceu aberto para recibir a un grupo de 97 persoas procedentes de Pontevedra que quedaron asombrados e moi contentos co contido do lugar. Estas persoas tamén aproveitaron a viaxe para comer en Xinzo de Limia e visitar as súas ao redores.

O Museo do Entroido celebra o Día Internacional dos Museos

PHOTO-2018-05-18-20-02-40

Por outra banda, hoxe, día 18, o museo do entroido permaneceu aberto de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 adheríndose así ao Día Internacional dos Museos. Como acto de clausura, púidose gozar dun concerto perpetrado por tres pianistas, Noelia Rodríguez, José e Lucía González e Marta Diz ao clarinete. Máis de 12 persoas gozaron deste acto no que as pezas de música conmoveron tanto como agradaron.