Xinzo de Limia

O conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña visita o centro de Saúde de Xinzo de Limia

 

O centro de saúde foi premiado polo seu proxecto de “Atención continuada a pacientes oncolóxicos en situación clínica paliativa”

IMG-6286
Conselleiro de Sanidade da Xunza, Vázquez Almuíña

 

Hoxe, día 13 de abril, ás 13:00 h, o Conselleiro de sanidade da Xunta, Vázquez Almuíña, acompañado do Alcalde de Xinzo López Casas, o parlamentario Carlos Gómez, o tenente alcalde Manuel Cabas, e os concelleiros Ricardo Sieiro e Luís Miguel Gil, visitou o centro de saúde de Xinzo de Limia con motivo do premio outorgado polo seu proxecto de “Atención continuada en pacientes oncolóxicos en situación clínica paliativa”. Dito premio foi concedido pola Sociedade Española de Directivos de Atención Primaria debido á iniciativa do centro de coidar a persoas que xa pasaron a coidados paliativos. Cristina Margusiño, coordinadora do centro de saúde, entre outras médicos e enfermeiras, explicaron ao Conselleiro como levan a cabo esta atención continuada e ensináronlle as diferentes salas do centro: pediatría, fisioterapia...


Vázquez Almuiña non só falou co persoal do centro, senón que tamén se achegou a algúns pacientes predispostos a dar as grazas ou a demandar cousas que lles parecen importantes: “Necesitamos un percheiro na sala”, comentou un señor; “Non creo que iso valla moito pero é importante”.

 

Ao final houbo unha reunión con facultativ@s e administrativ@s no que se felicitou a bo traballo dentro do Centro de Saúdo de Xinzo e pediuse mellorar o servizo de hospitalario de Verín tanto no transporte para consultas como como no intracentros nas urxencias


O persoal do centro asegura traballar duro para levar cabo este proxecto con éxito, pero tamén demandan máis axuda por parte da Consellería de Sanidade.