O Baloncesto Xinzo, comeza a rodar

A partir de mañá día 4 no pavillón municipal

O Baloncesto Xinzo, comeza a rodar

Como os demais clubes de Xinzo, o A.B Xinzo comeza a súa tempada no mes de setembro. A partir  de mañá día 4 no Pavillón Municipal. Os adestramentos están divididos en categorías.

Os senior masculino (2000 e anteriores) adestrarán martes e venres ás 20:30h. Os Junior e Cadete femenino (2004,03,02,01) farano os mércores e venres ás 16:00h. Os junior masculino (2002 e 2001) adestrarán os martes e xoves ás 19h e os cadetes (2003 e 2004) farano os mércores e venres ás 19h. As cativas de infantil femenino (2006 e 2005) adestrarán martes, mércores e venres ás 16h. Os de infantil masculino (2006 e 2005) martes e xoves ás 19h. Os cativos e cativas de Alevín (2008-2007) adestrarán martes e venres ás 16h. As benxamín femeninas (2010 e 2009) adestrarán martes e venres ás 17:30h e os benxamín masculino (2010 e 2009) farano martes e xoves ás 16h.