Apertura das piscinas exteriores de Xinzo

Todo está preparado para esta tempada

Apertura piscinas exteriois
Apertura piscinas exteriois
Apertura das piscinas exteriores de Xinzo

Onte día 17 ás 12:00 h abrironse as portas da piscina exterior de Xinzo de Limia para a súa
goce na etapa estival 2018.


Dende o Concello aseguran que xa se arranxaron todos os detalles para a seguridade dos
bañistas, como a reparación e substitución de lousas, reparación e reposición do valo
perimetral que rodea o vaso principal, reparación dalgúns danos nos vestiarios e posta a
punta do circuito de depuración. Non se podaron as árbores e se plantaron diversas
especies arbóreas para mellora das zonas de sombra e preparouse a herva para mellorar a
zona de toallas.


Con respecto ao acondicionamento de exteriores e zonas deportivas, seguirase traballando
unha semana máis debido a que o tempo non permitiu que esas zonas se puxesen do todo a
punto.