O Concello de Xinzo destinará 627.000 € extra para pago a provedores

No pleno ordinario do mes de abril a corporación municipal aprobou cos votos a favor dos concelleiros do PP e do PSOE e coa abstención dos outros grupos da oposición BNG e XA o dedicar máis de seiscentos mil euros procedentes da venta dunha parcela do polígono para pago de facturas atrasadas de provedores.

Pleno de abril 2016
Pleno de abril 2016
O Concello de Xinzo destinará 627.000 € extra para pago a provedores

O Alcalde defendeu a postura do seu grupo por entender que eses cartos, de patrimonio, non deberían estar nunha conta eternamente, e que neste momento era mellor investilos no pago de facturas que aliviarán a moitos provedores, a maioría de Xinzo.

Aprobación definitiva do Estudo de detalle do proxecto de “Mercadona”.

Outro dos puntos da orde do día que resultou moi debatido foi a aprobación do proxecto definitivo, cumprenque levará, se se cumplen con todas as normativas a instalación no polígono de Xinzo doutra gran superficie.

O tema, segundo o portavoz do goberno, non tiña porque ter discusión, posto que a aprobación, tal e como se presentou o proxecto tiña que ser aprobada, de non ser así , incorreríase en prevaricación.

Os membros da oposición levaron o debate polo camiño da idoneidade, ou non, da apertura doutra grande superficie no Concello. A oposición opina que non vai a ser bo para o pequeno comercio de Xinzo.

Para rematar este tema Antonio Pérez o alcalde, dixo que fai mais de 20 anos que el escoita dicir o mesmo, cada vez que se inaugura unha superficie no noso Concello, e de momento , e nos últimos anos a tendencia é a contraria.