Xinzo de Limia

Comenzan as labores de limpeza nas rúas de Xinzo de Limia

O chan das rúas lucirá coma se fose novo

960e7e45-e710-4f03-bb4e-1d3ba9d55434
Limpeza do chan da Praza Carlos Casares

Tras a recepción este luns da hidrolimpadora comprada polo Concello de Xinzo, hoxe, día 20 á primeira hora da mañá, comezou o labor de limpeza das rúas de Xinzo.
 
O primeiro lugar que se limpará será a praza Carlos Casares, e en breve poderemos ver a diferenza entre as baldosas limpas grazas á hidrolimpadora e as que non, debido a que grazas á auga a presión o chan verase máis claro e sen chicles pegados.
 
Esperamos que isto sirva de motivación para que todos e todas manteñamos a vila limpa.