Raquel Nogueiras cumpliu 100 anos

“Eu era moi presumida. Gustábame camiñar pola rúa do paseo de arriba a abaixo porque era moi coqueta”.

Raquel Nogueiras
Raquel Nogueiras
Raquel Nogueiras cumpliu 100 anos

Esta tarde ás 16.30 celebrouse na residencia de Xinzo de Limia, o aniversario de Raquel Nogueiras, nacida o 7 de abril de 1918. Entre flores e tarta, a muller centenaria gozou do seu cen aniversario. O concello de Xinzo quixo estar presente nesta efeméride e puido comprobar a felicidade e lucidez desta muller, veciña do pobo desde fai varios anos.
A Raquel gústalle ser unha muller activa e informada, ata tal punto que di preferir ler o xornal a almorzar. Deleitou aos presentes recitando de memoria dous poemas e contando historias sobre a súa mocidade: “Eu era moi presumida. Gustábame camiñar pola rúa do paseo de arriba a abaixo porque era moi coqueta”.
Como puidemos comprobar, ela aínda segue mantendo ese espírito novo e ese coidado pola súa imaxe persoal, esperemos que por moito máis tempo.