Xinzo de Limia

Campaña "Quere o teu mercado" en Xinzo de Limia

O obxectivo e promocionar e apoiar o mercado local

quere o teu mercado
Cartel "quere o teu mercado"

Onte, Xinzo de Limia comenzou a campaña “Quere o teu mercado”, co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

A iniciativa da Xunta de Galicia promove, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes. Por cuarto ano consecutivo. A partir do 14 de maio, celebrarase esta campaña co obxectivo de incentivar así a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

A xente que acuda ao evento poderá gozar dunha serie de produtos especiais, regalos, sorteos e merchandising da campaña, que espera un bo apoio mediático.