Abriu as súas portas a primeira feira do comercio da Limia

Abriu as súas portas a primeira feira do comercio da Limia

Pasadas as 13 horas do día 11 de agosto , a Presidenta da Federación de Comercio, Vicepresidente  da  CEO; Presidenta de Prolimia  acompañados de  Montse Lama, Deputada Provincial , e Carlos Gómez como Concelleiro de Comercio e en representación do alcalde en funcións, que por motivos laborais non puído asistir, así como membros da corporación, todos eles acompañando a Teresa Martínez Lorenzo, presidenta da asociación promotora , quedou aberta no parque do Toural a 1ª feira de oportunidades de ProLimia.

Montse Lama tomou a palabra despois da representante da federación de comercio dicindo que para ela  era un orgullo poder inaugurar esta primeira feira co apoio das dúas entidades nas que ela está Concello e Deputación e sobre todo sabendo dos atrancos e problemas que esta edición tivo.  Teresa, contra todo isto está a forza e a unión, ademais da coherencia  coa que traballaches, non en beneficio propio, se non en beneficio do pobo e a comarca de Xinzo.

Carlos Gómez, manifestou a súa satisfacción porque a 1ª feira do comercio que sae da iniciativa de Prolimia e da súa iniciativa, e sobre todo pola forza de todos, xa é unha realidade.

2

1Agradeceu ós comerciantes e ós hostaleiros os esforzos para levar a cabo esta primeira festa do comercio Limián.

Tratándose dun proxecto como este  están apoiando  a propia Xunta , a Deputación e o Concello, pero sobre todo está apoiada pola  unión duns comerciantes que fixeron que esta feira este hoxe en pe.