A 1ª Copa Galega de Fútbol Gaélico celebrarase en Xinzo

Hoxe, 3 de maio foi presentada no Concello,  a I Copa Galega de Fútbol Gaélico. Ésta disputarase nas instalacións deportivativas de A Moreira o sábado 7 de maio.

IMG_9318
IMG_9318
A 1ª Copa Galega de Fútbol Gaélico celebrarase en Xinzo

Hoxe foi presentada a I Copa Galega de Fútbol Gaélico. Ésta disputarase nas instalacións deportivativas de A Moreira o sábado 7 de maio.

En xornada continua dende as 10h ata as 20h xogaranse máis de trinta partidos entre os 16 equipos participantes, 9 masculinos e 7 femininos.

No acto de presentación estiveron a Presidenta María Álvarez e membros da Asociación Auriense de Futbol Gaélico, o Deputado Provincial Juan Anta, o Alcalde de Xinzo de Limia Antonio Pérez e os concelleiros Luis Miguel Gil e Carlos Gómez.

Luis Miguel Gil:

"Dende a Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia agradecemos a asociación Auriense que pensase na nosa vila para organizar este evento. Nos estamos encantados con colaborar e ceder as nosas instalacións para esta Copa Galega. Un campionato que vai ser un éxito tanto de participación como de público. Unha vez máis Xinzo volve ser un referente deportivo a nivel galego, apostando sempre polo deporte."

Antonio Pérez:

"Deporte e Xinzo sempre van unidos. Sempre abertos a novas ideas e iniciativas. Unha vez máis referentes na organización ou colaboración con eventos deportivos, sexa cal sexa o deporte.

Campamentos deportivos, campus de fútbol, ximnasia ou fútbol americano, carreiras populares ou de orientación, torneos de fútbol 8 ou minibasquet, festivais ou campionatos de ximnasia, xuntanzas de seleccións, torneo de natación, tenis ou chave, veladas de kickboxing ou kárate, ... E agora fútbol gaélico. Máis de 300 participantes visitarannos este sábado, un bo reclamo tamén para a nosa hostelería. Sorte para todos e benvidos a Xinzo."

 

María Álvarez:
"Como presidenta de Auriense Fútbol Gaélico e en nome de todo o club gustaríame antes de nada agradecer ao Concello de Xinzo de Limia e en especial á Concellería de Deportes a boa acollida que tivemos á hora de traer a Copa Galega de Fútbol Gaélico 2016 a esta vila. Tamén agradecer á Deputación de Ourense o seu apoio e colaboración así como a outros organismos e empresas como que con a súa axuda fan posible este evento.
Por un lado queremos destacar o positivo de celebrar nos un evento de este tipo como club anfitrión, xa que además de sernos de axuda económica sirve para dar a coñecer e visibilizar este deporte na provincia de Ourense. Foi por eso tamén que, ainda que o noso club adestra e xoga na cidade de Ourense, quixemos traer a Copa Galega a unha vila do rural como é Xinzo de Limia.
Queremos que por un lado este evento sexa positivo para Xinzo, xa que supón o desprazamento durante este fin de semana de máis de 300 persoas, repartidas entre os 9 equipos masculinos e os 7 femininos que competirán o sábado. Esto xoga en beneficio da economía local xa que ademáis de vir a xogar e participar no torneo, terán a oportunidade de coñecer a vila e facer gasto nos locais da hosteleria de Xinzo. Ademáis temos organizada unha cea para o terceiro tempo no Hotel Xinzo para garantizar que así sexa.
Por outro lado, traer aquí un evento de estas características, dun deporte emerxente como é o fútbol gaélico, tamén supón que xente allea a él poida achegarse a ver os partidos e coñecelo de cerca. Iso é o que aos poucos fai que o fútbol gaélico medre en Galicia. Ogallá incluso poida dar pé a creación de novos equipos na comarca."

Juan Anta:

"Debemos animar e felicitar o Auriense Fútbol Gaélico polo esforzo que están levando a cabona defensa e posta en valor dun deporte minoritarioque quere deixar o seu selo. Felicitarás entidades privadas pola colaboración neste evento que seguro que será un éxito de participación. E por último, e non menos importante felicitar ao Concello de Xinzozo pola súa aposta polopermanente polo deporte, converténdose nunha referencia na provincia na defensa dos seus valores. Un claro exemplo disto son os apoios as escolas deportivas, ou a organización  de eventos deportivos, moitos deles de carácter benéficpo. A Deputación segue a facer unha aposta firme e decidida por todo o deporte sexa de base ou minoritario