Xinzo de Limia

“LOST IN ANTIOQUÍA FESTIVAL” SERÁ UN DOS EVENTOS DESTACADOS DENTRO DA PROGRAMACIÓN DAS FESTAS DE SANTA MARIÑA 2023.

Dasoul en Xinzo de Limia: o prestixioso cantante canario, primeiro artista confirmado do novidoso “Lost in Antioquía Festival”

Terá lugar o domingo 16 de xullo a partires das 19.00h, con entrada de balde.

IMG_2119
IMG_2119

Xinzo de Limia, a 06 de xullo de 2023. A programación das Festas de Santa Mariña 2023 é ampla, variada e para tódolos públicos. Mostra disto é un novidoso evento que marcará un antes e despois no ocio da nosa vila. O “Lost in Antioquía Festival” terá un espazo independiente dentro da programación habitual das festas patronais, e contará con DJs e artistas recoñecidos a nivel internacional.

A primeira actuación confirmada será a de Dasoul, cantante de xénero latino, nacido en Canarias e recoñecido a nivel mundial. 

Tanto a comisión de festas coma o Concello de Xinzo de Limia, convidan a toda a veciñanza a participar deste novo Festival e tamén das Festas de Santa Mariña.

7eaaab57-53e7-4905-9be9-c17a9842d9d7