A escola infantil A Galiña Azul de Xinzo estrea curso cun importantes melloras nas súas instalacións

O centro celebrou hoxe unha sesión de portas abertas na que se informou de que aínda quedan prazas vacantes

A escola infantil A Galiña Azul de Xinzo estrea curso cun importantes melloras nas súas instalacións

A escola infantil A Galiña Azul, de Xinzo de Limia, abriu hoxe ao público nunha xornada de portas abertas que serviu, así mesmo, para mostrar as melloras realizadas nas infraestruturas do centro durante o mes de agosto. A escola, que só adoita estar fechada durante o oitavo mes do ano, aproveitou o parón vacacional para que o consistorio acometera actuacións de mellora e mantemento das instalacións.

O concello limián, en coordinación coa dirección do centro, realizou un mantemento e limpeza xerais, ademáis de pintar as aulas con pintura plástica especial e novas cores, acondicionar o xardín e exteriores, pintar as columnas, revisar as portas de acceso e mesmo rectificar un erro existente na estrutura do patio interior reforzando unha columna agrretada para garantir a seguridade dos usuarios.

Mais segundo indicou a concelleira de servizos sociais, Silvia Blanco, non foron estas as únicas actuacións que se pretenden realizar. A curto prazo instalarase tamén o rego automático no xardín e melloraranse os tramos de acceso.

O concello de Xinzo é quen asume todos gastos de mantemento da escola segundo o estipulado no convenio marco asinado pola FEGAMP e a Rede de Escolas Infantís de Galicia.

Con máis de medio cento de nenos xa matriculados, aínda fican prazas vacantes

Sin título-2A día de hoxe figuran matriculados, para o curso 2018-2019, cincuenta e dous nenos e nenas que comezarán as aulas este xoves, algúns de novo ingreso e outros readmitidos. Segundo indican dende o consistorio, a ampla oferta de prazas é suficiente para cunrir as necesidades do concello e aínda hai prazas vacantes para as familias interesadas.

Na xornada de portas abertas celebrada esta mañá estiveron presentes, ademáis da directora da escola, o alcalde de Xinzo, Manuel Cabas; e as concelleiras de servizos sociais e persoal, Silvia Blanco e Teresa Puga e o concelleiro de urbanismo, Ricardo Sieiro. A edil responsable da área social quixo agradecer a colaboración no traballo realizado á concellería de obras e medio ambiente, á brigada municipal e ao persoal de limpeza do concello, así como á dirección e aos profesionais docentes do centro que desenvolven a súa labor educativa con paixón e dedicación”.