Xinzo de Limia

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo da inicio a un novo curso académico

Dende o 4  ó 14 de setembro

22222
22222

O máximo organismo público de formación musical da comarca da Limia, o Conservatorio Profesional de Música de Xinzo, vén de iniciar o prazo de prematrícula para o curso 2018-2019. A entidade ofrece formación musical regrada con especialidade en máis dunha dunha ducia de instrumentos, a saber, piano, violín, guitarra, viola, trompeta, trompa, trombón, tuba ou saxofón, entre outros.

Os conservatorios profesionais de música ofrecen a posibilidade de obter o Grao Elemental ou os Grao Profesional en Música, ámbalas dúas titulacións oficiais. Así mesmo, ofrecen a posibilidade de convalidación de materias na ESO e no Bacharelato, á fin de que os alumnos poidan simultanear con maior facilidade a súa formación artística.

Os nenos e nenas a partir dos oito anos de idade poden patricularse no primeiro curso do Grao Elemental. O horario de atención ao público da secretaria da institución está fixado de luns a venres, polas tardes, entre as 15:30 e as 20:30 horas. Para máis información tamén poden poñerse en contacto no teléfono 600435655 ou no correo electrónico [email protected].