Xinzo de Limia

Torneo Internacional de Natación en Xinzo de Limia

O alcalde e o concelleiro de deportes estiveron na entrega de medallas

2018-04-28-PHOTO-00000143
Piscina climatizada

Este sábado, día 28 de abril, ás 16:30 h, celebrouse o Torneo Internacional de natación na piscina climatizada de Xinzo. Coa presenza do Alcalde de Xinzo, López Casas, e o Concelleiro de Deportes e mocidade, Luís Miguel Gil, máis de cento vinte nen@s de Chaves, Verín, Allariz e Xinzo de Limia, con idades comprendidas entre os seis e quince anos, participaron no torneo, de carácter lúdico e non competitivo.

Ao finalizar, entregouse unha medalla a cada nen@ e un trofeo a cada equipo.