Parabéns a Rubén Diz

Parabéns a Rubén Diz

O alcalde  de Xinzo, no seu nome propio e no de toda a corporación municipal, quere felicitar ao altleta Rubén Diz, natural da nosa vila, polo éxito acadado esta tarde na proba de media maratón, proclamándose campión do mundo na súa categoría.

Os campionatos do mundo de atletismo "Master" celebráronse en Málaga durante toda esta semana. Na proba que pechaba  os campionatos, Rubén alzouse coa medalla de ouro superando así aos máis de 2000 atletas que competían na mesma proba e na súa categoría de M35.