O memorial de fútbol 8 Toñito Maestro celebra o sábado a súa cuarta edición

O campionato contará coas categorías de alevín, benxamín e prebenxamín

Celebrarase o sábado, día 29 de setembro, no campo da Moreira e Carrera a partir das 9:30 horas

O memorial de fútbol 8 Toñito Maestro celebra o sábado a súa cuarta edición

A Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia e as Escolas Deportivas de Xinzo organizan o IV memorial de fútbol 8 Toñito Maestro. A cita terá lugar mañá sábado, día 29 de setembro, nas instalacións da Moreira a partir das 9:30 horas da mañá.

Participarán doce equipos nas categorías alevín e benxamín en catro grupos de tres e seis equipos na categoría prebenxamín en dous grupos de tres. Os equipos participantes son o Pabellón C. F., o E. D. Barbadás, o E. D. C. Celanova, o E. D. Verín, o C. D. Allariz, a U. D. Ourense, o S. D. Arrabaldo, o Ourense C. F., o C. D. Maceda, o E. D. Ourense e o anfitrión E. D. C. Xinzo de Limia.

A duración dos partidos será de 25 minutos a unha soa parte a reloxo corrido, menos a fase final prebenxamín da tarde que serán de dous tempos de 20 minutos a reloxo corrido cun descanso de 3 minutos.

A cerimonia de clausura e entrega de trofeos terá lugar unha vez rematado o torneo, a partir das 20:00 horas. Ao igual que en anos anteriores, ademáis de fútbol haberá hinchables, agasallos e sorteos. 

CALENDARIO DOS PARTIDOS