Fin de tempada “Babybasket” en Xinzo de Limia

Participarán máis de 140 nen@s de diferentes clubs

Fin de tempada Babybasket
Fin de tempada Babybasket
Fin de tempada “Babybasket” en Xinzo de Limia

O sábado día 5 de maio celebrarase en Xinzo de Limia a concentración do fin de tempada “Babybasket” en xornada matinal que comezará ás 9:30 no pavillón de deportes. Organizan o evento a Formación Galega de Baloncesto, o Concello de Xinzo de Limia e a Concellería de deportes e xuventude de Xinzo.

Se prevé que concorrerán máis de 140 neñ@s de entre 7 e 8 anos pertencentes aos seguintes clubs de baloncesto: Allariz, Barco, Bball, Bosco, Carmelitas, Depordima, Maside, Verín e Xinzo de Limia.