O equipo de feminino do Club de Baloncesto de Xinzo, proclamouse campión provincial

O grupo gañou os 15 partidos disputados

IMG-20180422-WA0004
IMG-20180422-WA0004
O equipo de feminino do Club de Baloncesto de Xinzo, proclamouse campión provincial

Hoxe o equipo  feminino do Club  de Baloncesto de  Xinzo, proclamouse campión provincial vencendo por un rotundo 68-28 ao equipo de Allariz na final disputada en Salesianos.

O equipo, nesta tempada que agora rematou, gañou os 15 partidos disputados tanto na liga regular como nas semifinais e na final.

Despois de acadar o primeiro posto, os dias 26 e 27 de maio trasladaranse a Estrada para competir polo galego. Posteriormente tamén competirán pola copa Deputación na súa categoría.

Parabéns a estas rapazas e o seu adestrador.