Fin de tempada de Babybasket en Xinzo de Limia

Asistiron máis de 140 nen@s de diferentes clubs

Representantes do Concello e dos clubs
Representantes do Concello e dos clubs
Fin de tempada de Babybasket en Xinzo de Limia

Este sábado 5 de maio celebrouse en Xinzo de Limia a concentración de fin de tempada de Babybasket. O evento, de natureza lúdica e non competitiva, comezou ás 9:30 da mañá e finalizou coa entrega de trofeos, na que estiveron o Alcalde de Xinzo López Casas, o Vicepersidente da Federación Galega de Baloncesto, o Concelleiro de deportes Luis Miguel Gil e a representante do A.B.A. Gamallo.

Máis de 140 nen@s de idades comprendidas entre sete e oito anos, pertencentes aos clubs de baloncesto: Allariz, Barco, Bball, Bosco, Carmelitas, Deordima, Maside, Verín E Xinzo de Limia, déronse encontro neste evento deportivo.


Ao finalizar o torneo, todos os equipos recibiron un balón de minibasket, todos os adestradores recibiron un trofeo, os nen@s unha medalla cada un e tamén larpeiradas.


Agradecer aos organizadores deste evento, o Concello de Xinzo de Limia e a Concellería de Deportes de Xinzo que este encontro sexa posible.