O EQUIPO DE XINZO DE LIMIA É O ÚNICO QUE CONTA CON DOUS XIMNASTAS MASCULINOS

Dezaseis de vinte podios para o E.D. Xinzo de Limia

O E.D. Xinzo de Limia destacou en todas as categorías

Individuales
Individuales
Dezaseis de vinte podios para o E.D. Xinzo de Limia

A fase final da Copa  Deputación de Ximnasia disputouse no Pavillón Municipal de Carballiño, onde os/ as ximnastas de Xinzo volveron destacar nos pódiums.

 

Na ximnasia de conxuntos, destacou especialmente a categoría de iniciación, que se fixo cos tres postos do podio. Na categoría de prebexamín e infantil, o E.D. Xinzo de Limia colocouse en primeiro posto; en en alevín en segundo posto e o tercer posto para os equipos de iniciación e benxamín.

1527445157546_IMG_34681527445177038_IMG_34691527445159956_IMG_34711527445177038_IMG_3469

 

O equipo de Xinzo non quedou atrás nas categorías individuais. Na categoría de iniciación, Naiala Veiga Rodríguez quedou segunda.  En prebenxamín, Inés Carreira Arias quedou en segundo lugar e Suevia Salgado Fernández en tercero. En benxamín Saínza Lorenzo copou o primer posto e Naia Sánchez Rodríguez quedou no segundo. Na categoría de alevín, o primeiro, segundo e terceiro posto foron para Elsa Sousa García, Ainhoa Sousa García e Xiana Veloso Losada, todas pertencentes ao Club de Xinzo de Limia. Na categoría infantil, Cristina Rodríguez Rodríguez quedó en tercer posto e , por último, na categoría cadete, Silvia García Ferreiro e Laura Núñez Salgado qudaron no segundo e tercer posto respectivamente.


Por outra parte, na competición de Minitramp, Carlos e Noa subiron os seus respetivos caixos como 2º Infantil Masculino e 3º en Benxamín feminino. Tamén apuntar que o equipo de Xinzo, nas súas categorías de benxamín e alevín, é o único que conta con dous ximnastas masculinos: Edu e Manu.

 

Parabéns a todos e todas polo seu esforzo e dedicación, e vémonos este próximo domingo 3 de xuño dende os conxuntos prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, participarán non Campionato Galego que se celebrará en Marín (Pontevedra).