Décima Copa Deputación de Kickboxing de Ourense en Xinzo de Limia

No encontro haberá cen participantes de clubs de toda Galicia e algúns de Portugal.

Grupo Kickboxing Xinzo de Limia
Grupo Kickboxing Xinzo de Limia
Décima Copa Deputación de Kickboxing de Ourense en Xinzo de Limia

O domingo 29 de abril do 2018 celebrarase a décima Copa Deputación de Kickboxing de Ourense, organizada polo Club Fundación Cipri Gomes e grazas á colaboración Cipri Gomes, Cipri Gomes Kickboxing, Kickboxing Club, IR, a Top Ten, a Ourensana, a Deputación de Ourene e á Concellería de Deportes e Xuventude de Xinzo de Limia.


A entrada será gratuita e o torneo constará de tres probas: sen contacto para os máis pequenos, point-fighting e light-contact. No encontro haberá cen participantes de clubs de toda Galicia e algúns de Portugal.


De 10:30 a 13:00 h realizaranse as probas eliminatorias e semifinais e de 16:00 a 18:00 h xogaranse as finais. Despois procederase á entrega de trofeos.

 

 

A escola de kickboxing de Xinzo de Limia é un referente en Ourense e conta con oitenta alumnos e alumnas. De feito, Hugo Araujo, Xoel Araujo e Santiago Gómez, campións galegos desta disciplina, participarán no Campionato de España, que se celebrará os días 11, 12 e 13 de maio en Vila de Marín