Comenzan os campus de ximnasia e fútbol en Xinzo de Limia

Agora toca divertirse

gimnasia
gimnasia
Comenzan os campus de ximnasia e fútbol en Xinzo de Limia

31 nenas e 6 nenos comezaron o luns as 10 horas no pavillón de deportes de Xinzo o campus de ximnasia dirixido pola adestradora do club de escola deportivas e as súas colaboradoras. Durante unha semana e en horario de mañá, dedicaranse a perfeccionar o que xa saben,

Destacar a presenza de seis nenos. Recordar que o equipo de ximnasia de Xinzo que participa nas diferentes competicións que se organizan ao longo do ano, como a copa Deputación, é o único que conta nas súas filas de nenos.

Pero non todo será ximnasia. A media mañá, despois do lunch haberá piscina. Unha vez rematada a semana haberá agasallos, camisetas, etc, para todos os participantes no mesmo.

CAMPUS DE FÚTBOL

IMG_20180625_132823

Os e as participantes no campus de fútbol, tamén terán unha xornada na que visitarán as instalacións do Celta de Vigo en Balaidos.

Os monitores de fútbol, pertencen a Fundación Celta de Vigo, coa que un ano máis colabora coa Concellería de Deportes , Educación e Xuventude, ademais dos clubs E.D.C. Xinzo.

SATISFACCIÓN DO CONCELLEIRO

O concelleiro Luís M.Gil, manifesta a súa satisfacción polo existo que ano tras ano veñen colleirtando estes dous campus, tanto pola cantidade de rapaces e rapazas, como pola calidade da formación que os participantes acadan nos mesmo.

 

cats2cats