Xinzo de Limia

A "Carlos Casares" volverá a ter sitio para a práctica de deporte

Con normas de idades e horarios

foto campito 2017
foto campito 2017

A Praza Carlos Casares volverá a ser unha pista polideportiva, onde se poda conxugar zona deportiva con zona de lecer. Onde todas as xeracións podan desfrutar desta praza. A maiores poranse normas de uso tanto en idades como en horarios, para que os pequenos podan usalas e os veciños e veciñas  non teñan problemas de contaminación acústica despois das 23h.

O pasado luns aprobouse o proxecto na Xunta de Goberno cun investimento de 15.000 €

FOTO PLAZA CARLOS CASARESFinalmente a praza Carlos Casares terá unha pista de fútbol 3x3 con céspede artificial, canastras de baloncesto, separada das zonas de descanso.

Nos últimos anos xa se viñan instalando de forma “artesanal” unha pista de fútbol 3x3, e dúas canastras, pero este ano o Concello decidiu a compra dunha instalación con céspede artificial e dúas canastras para baloncesto.

OUTRAS TRES EN PROXECTO

Luís M. Gil concelleiro de deportes anunciou outras tres instalacións do mesmo estilo en outros tantos sitios da vila. No Pombal, no polígono e na alameda do Toural. Estas outras tres instalacións están pendentes  de presuposto por parte do concello, pero espera que sexan unha realidade canto antes. Desta maneira os rapaces e rapazas dos distintos barrios, para a tempada de verán e cando  o tempo o permite, poidan practicar deporte, sen terse que desprazar ata as instalacións municipais, que dende fai tempo están colapsadas cos  adestramentos dos diferentes escolas deportivas e clubs ten este concello.

Esta era unha das  inquedanzas do concelleiro, que espera que en breve estean xa instalada na praza, onde cada día varias ducias de nenos e nenas están a utilizar, sen as medidas mínimas e tendo como porterías os soportais da casa de Cultura. Desta maneira os país e nais poderán estar a gozar dun espazo de lecer, mentres os seus fillos xogan.