Xinzo de Limia

Teatro e música na praza Maior

O sábado 4 de agosto ás 20:00

IMG-20180730-WA0001

"A HISTORIA DE MARTÍN" é unha obra de teatro musical infantil para todos os públicos. Narra a historia dun neno moi vago en constante enfrontamento coas técnicas de ensino antigas...ata que un día, algo sucede na vida de Martín, que a cambiará completamente. Os temas que trata esta obra son diversos: a hiperactividade infantil, as técnicas de ensino obsoletas, a importancia da motivación,... e, sobre todo, que aprender debe ser sempre un gran xogo divertido. Todo isto mostrado con moito humor, música e participación constante dos nin@s. Nesta obra tocaranse, en rigoroso directo, obras do teatro musical americano como poden ser o tema de " Tomorrow", do musical Annie, adaptado ao galego, " Mamma Mia" ou " Be a clown" de Cole Porter, tambén adaptada ao galego.