Programación actos día de Galicia en Xinzo

Comezan esta noite 24 as 22:30

Programación actos día de Galicia en Xinzo

Hoxe 24 e mañá 25  de xullo, Xinzo celebra o Día de Galicia con música para todas as idades. A celebración comeza á víspera do día oficial, o martes 24 a noite, coa actuación Andrea Pousa ás 22:30h na Praza Carlos Casares, que nos trae o seu espectáculo En verso, En cantar.

O mércores, o día oficial, comezará coa actuación de Luis Vadecillo e a súa banda, un espectáculo musical infantil e familiar que terá lugar na Praza de San Roque as 19:00h. Forma parte do programa Cultura no Camiño. Despois, as 20:00h haberá un  acto institucional na Praza Maior, acompañado pola Agrupación Musical da Limia.