Novas promesas literarias de Xinzo de Limia nel Día das Letras Galegas

Catro rapazas levaron todos os premios

Ganadoras dos premios 2
Ganadoras dos premios 2
Novas promesas literarias de Xinzo de Limia nel Día das Letras Galegas

Hoxe, Día das Letras Galegas, outorgáronse os premios ás ganadoras do concurso Carlos Casares de relato curto e ás ganadoras do premio polos seus debuxos para portadas de libros de Carlos Casares.


O evento comezou ás 12:00 da mañá con varias lecturas da obra de María Vitoria Moreno, autora galardoada neste Día das Letras Galegas, coa colaboración de Anais Teatro.
As rapazas ganadoras polos seus debuxos para portadas foron premiadas cunha placa personalizada coa que pousaron orgullosas.


Doutra banda, as  ganadoras dos premios de relatos curtos en galego, leron un pequeno fragmento do seu escrito e tamén recibiron as súas respectivas placas.


O Alcalde de Xinzo, o Concelleiro de Cultura e o Concelleiro de Deportes e Xuventude acompañaron ás premiadas neste acto e entregaron os premios.


O noso máis sincero agradecemento e parabéns ás profesoras dos colexios participantes, que promoven a cultura para que rapazas como as de hoxe sexan o futuro cultural de Galicia.