Manuel Mandíanes presenta a súa primeira novela no Auditorio da Casa de Cultura

O 8 de xuño as 20:30 h Mandíanes non deixará a ninguén indiferente

Presentacion do libro de Mandíanes
Presentacion do libro de Mandíanes
Manuel Mandíanes presenta a súa primeira novela no Auditorio da Casa de Cultura

O autor Manuel Mandíanes presenta a súa primeira novela chamada “En Blanco”, de la Editorial "Uno Más Unoeditores"  no Auditorio da Casa de Cultura o venres 8 de xuño ás 20:30 h, evento organizado polo Concello de Xinzo de Limia

Acompañaralle Xavier Casares Mouriño, médico e presidente do Liceo Ourensán e da Fundación “Carlos Casares”. Xinzo terá a gran honra de ter a este ourensán, Doutor en Antropoloxía, Teoloxía, Ciencias Políticas e Socioloxía e antropólogo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Sen ningunha dúbida, merecerá a pena escoitar todo o que teña a ben contarnos, pois é un home cunha vida e experiencia poden facernos aprender moito.