O AUDITORIO CHENOUSE DE AMANTES DA DANZA.

O grupo provincial de danza Castro Floxo deu a benvida á chegada da primavera

Celébrase con gran éxito e afluencia o Festival de Primavera en Xinzo

Danza, canto, gaitas e panderetas
Danza, canto, gaitas e panderetas
O grupo provincial de danza Castro Floxo deu a benvida á chegada da primavera

Onte, día vinte e catro de marzo as 19:00 da tarde, celebrouse con gran éxito o Festival de Primavera en Xinzo de Limia.

A escola provincial de danza Castro Floxo, co patrocinio da  Deputación de Ourense, o Centro de Cultura Popular Xoaquín Lorenzo éo Concello de Xinzo, celebrou a  entrada da primavera no auditorio de Xinzo. Grupos de distintas idades, grandes, pequenos, grupos de nais.... Cantaron, danzaron e tocaron a gaita e a pandeireta.

O auditorio encheuse de amantes da danza.

Fernando Dopico, en nome  da asociación anfitrioa a Escola Municipal de Gaitas de Percusión de Xinzo de Limia, e o concelleiro de cultura, Carlos Gómez, agradeceron ao Grupo Floxo a elección do concello de Xinzo para a celebración deste evento.

O evento tivo gran afluencia de xente; o auditorio encheuse de familiares, amigos e outros amantes da danza. A celebración durou aproximadamente unha hora e media.