Xinzo de Limia

A ACTIVIDADE É PARTE DO PROGRAMA FALAREDES, COFINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA.

Escape Room “O Circo do Silencio”en Xinzo de Limia o xoves 20 de xullo

Os participantes interpretarán un grupo de detectives responsables de resolver o caso durante todo o día en quendas de media hora.

O CIRCO DO SILENCIO
O CIRCO DO SILENCIO

Xinzo de Limia, a 14 de xullo de 2023. O vindeiro xoves 20 de xullo está prevista unha xornada de Escape Room no Concello de Xinzo de Limia. A actividade está incluida dentro do Programa FalaRedes, proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A veciñanza de Xinzo poderá disfrutar da programación do escape room O Circo do Silencio durante toda a xornada do xoves en quendas de media hora.

A actividade está pensada para tódolos públicos, polo que é ideal para unha xornada familiar ou entre amigos. O Circo do Silencio vaise desenvolver en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística nunha carpa circense que se instalará na rúa. Os participantes interpretarán un grupo de detectives responsables de investigar o roubo de palabras que se produciu no circo. Terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ó circo.

O Concello de Xinzo de Limia convida á veciñanza a participar das diferentes actividades previstas para o verán.

Programación Verán 2023
Programación Verán 2023