O Entroido de Xinzo, convidado a adherirse a “Federatiom European Carnival Cities”

La invitación está motivada pola publicación do anuncio sobre o Carnaval de Xinzo de Limia, “O máis longo do mundo”, publicado no diario “Le Monde”

O Entroido de Xinzo, convidado a adherirse a “Federatiom European Carnival Cities”

O Concello e o Entroido de Xinzo están convidados a adherirse a “Federatiom European Carnival Cities”, “Federatiôn des citées Carnavalesques Europénnnes” e a participar na XXXV Convención desta Federación, que se celebrara en Serbia do 26 de maio ao 3 de xuño.

Esta invitación está motivada pola publicación do anuncio sobre o Carnaval de Xinzo de Limia, “o máis longo do mundo”, publicado no diario “Le Monde” de Francia, o 5 de Maio de 2018.


A organización de Cidades Carnavalescas Europeas reúne municipios, organizadores, grupos e afeccionados individuais do carnaval dos países europeos principalmente, pero tamén do mundo.


Esta proposta ten como fin acrecentar o intercambio e posta en relevo internacional destas manifestacións da herdanza cultural inmaterial dos pobos.