A Concellería de Cultura e o Alcalde de Xinzo presentan un adianto da programación cultural desta primavera

O Festival de Teatro Humorístico en Galego comeza no mesmo mes que a celebración da semana de Carlos Casares

2018-04-17-PHOTO-00000008
2018-04-17-PHOTO-00000008
A Concellería de Cultura e o Alcalde de Xinzo presentan un adianto da programación cultural desta primavera

Hoxe, martes día 17 de maio ás 12.00h, os membros da Concellería de Cultura e Festas acompañados do Alcalde de Xinzo, López Casas, presentaron un adianto  da programación cultural de Xinzo de Limia para os meses de abril a setembro do 2018. Do 7 ao 12 de maio celebrarase, coa colaboración do Concello e a Fundación Carlos Casares, a semana de Carlos Casares con visitas guiadas a “Os mundos de Carlos Casares”, a exposición didáctica “A cara dos Libros” e a celebración dos concursos, actividades e premios cuxa información e bases poden encontrarse en www.fundacioncarloscasares.org ou en http://www.xinzodelimia.com.

 

III Festival de teatro humorítico en galego

2018-04-17-PHOTO-00000006

 


Coincidindo co mes das letras galegas, a Concellería de Cultura retoma o Festival de Teatro Humorístico en Galego, que durará hasta xuño e cuxas últimas edicións celebráronse nos anos 2015-16. Nesta terceira edición do Festival, actuarán tanto compañías amateurs como profesionais. Como xa sucedeu en años posteriores, espérase una boa acoxida por parte do público e gran afluencia de xente. El pistoletazo de saída darao a obra representada por Matrioshka Teatro, “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos” , o día 21 ás 19.30 no auditorio “´Ángel Cocho” da Casa de Cultura. Todo isto, grazas á colaboración da Rede de Dinamización Lingüística, o Concello de Xinzo, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia .