Conta atrás para o día grande das Letras Galegas para Xinzo

A comisión de “notables” reuniuse por primeira vez

1
1
Conta atrás para o día grande das Letras Galegas para Xinzo

O venres 3 na sala de xuntas do Concello de Xinzo, celebrouse a primeira reunión do grupo de traballo formado por escritores e persoeiros que tiveron relación con Carlos Casares e que o Concello escolleu para asesoramento de cara a  celebración de todos os actos adicados o escritor limián Carlos Casares no ano en que a Real Academia Galega adica o día das Letras Galegas.

A esta primeira reunión non puideron asistir algún dos convocados, que escusaron a súa asistencia por motivos de axenda, pero que estarán nas que se convoquen en adiante, o   igual que manifestaron todos os presentes.

GRAN EXPOSICIÓN POLAS RÚAS DE XINZO

En primeiro lugar déronlle un repaso ao programa da Real Academia para este ano, no que o Concello ten un amplo programa xa.

Ademais da actividades xa programadas , tanto por parte do Concello como por parte dos membros da comisión achegáronse ideas novas para levar a cabo.

Unha das que resultaron de total  consenso por parte de todos é a de realizar unha exposición con fotos de artigos, documentos gráficos do autor totalmente relacionados con Xinzo, así como fotos con amigos e compañeiros do autor. Esta exposición levarase a cabo despois  dunha campaña ante a cidadanía para que aporte documentos, que saben que existen e que loxicamente dixitalizarase, para que queden en poder dos propietarios.

CAMBIO TEMPORAL DE ALGUNHAS RÚAS DA VILA

Outras das ideas que se levarán a cabo será a de que temporalmente se lle cambie o nome de algunhas rúas da vila para pasar a denominalas con nomes de títulos da extensa bibliografía do autor limián.