O concelleiro de Cultura e o de Urbanismo visitan as obras nas instalacións da Escola de Gaitas

O concelleiro e parlamentario, Carlos Gómez, acompañou ao edil do ramo, Ricardo Sieiro, a revisar as obras acometidas nas instalacións da Escola Municipal de Gaitas de Xinzo de Limia

O concelleiro de Cultura e o de Urbanismo visitan as obras nas instalacións da Escola de Gaitas

O concelleiro e parlamentario, Carlos Gómez, acompañou ao edil do ramo, Ricardo Sieiro, a revisar as obras acometidas nas instalacións da Escola Municipal de Gaitas de Xinzo de Limia. Na visita estivo tamén presente o director da escola e da Banda de Gaitas do concello.

Na renovación e adecuación da Escola de Gaitas investíronse máis de trinta mil euros. A maior parte dese diñeiro foi parar á renovación da cuberta, que contaba con importantes problemas de filtracións de auga que provocaban humidade nas aulas. Tamén foi renovado todo o teito interior cun aillante acústico para mellorar a sonoridade e a estética, renovouse a iluminación e puliuse o chan. Según indicou o edil de Obras e Urbanismo, Ricardo Sueiro, tamén se instalou un armario almacén para gardar o material da agrupación, pintouse todo o interior das instalacións e renovouse a entrada ás instalacións ademáis de habilitar unha sala de espera para os pais.

IMG_7337En última instancia tamén se mellorou a decoración interior personalizando o edificio con frases dos dous máis prestixiosos literatos anteláns: Carlos Casares e Antón Riveiro Coello.  As obras aínda non foron rematadas pois fica pendente rematar a insonorización en portas en ventás, mais a escola xa loce un novo aspecto tras esta impostante inversión nas infraestruturas culturais do municipio.