A comisión organizadora das festas 2018 fixo a presentación do amplo programa

"Son unhas festas 100% municipais"

Comisión organizadora das festas de Sta. Mariña 2018
Comisión organizadora das festas de Sta. Mariña 2018
A comisión organizadora das festas 2018 fixo a presentación do amplo programa

O concelleiro de Cultura Carlos Gomez, o alcalde e varios membros da corporación, así como membros que axudaron na organización, presentaron o amplo programa de festas do 2018.

 Xinzo presentou esta maña o amplo programa de festas na honra de Sta. Mariña na que é difícil saber cal é o acto ou a actuación máis recomendable.

No referente a orquestras, comezarán o día 17 en sesión de tarde noite a remobrada OLYMPUS. O seguinte día, dia da Patrona serán os componentes de ARMONÍA SHOW os encargados de poner a música. Para rematar  serán os Limiáns de NEBRASKA os que lle poñan o broche final as festas 2018 o domingo 22.

 

  Carlos López, concelleiro de Cultura, na súa intervención quixo deixar constancia que estas son unas festas totalmente municipais, contando eso si coa inestimable laboura de Alfonso, o técnico de cultura que foi o responsable de poner en orden o amplo programa. Tamén agradeceu a colaboración de José A. Parente e Julio Santana que tamén  están a botar  unha man, sobre todo na desagradable laboura de solicitar a colaboración vecinal.

Recalcou tamén que estas son unas festas para todos os públicos, dende o primeiro ata o último día.

APARTADO INFANTIL

No apartado infantil o mércores estarán en Xinzo o grupo “Lila Teatro Infantil” e dous días de festa da escuma, unha no parque da Telleira e outro no parque do Galicia do Polígono.

Non faltarán os magos que tanto lle gustan aos pequenos. Na Praza maior o sábado actuará o “Mago Romarís”

IV FESTIVAL INTERNACIONAL DE BANDAS DE GAITAS

Esta cuarta edición do festival internacional de bandas de gaitas, tamén entra dentro da semana das festas. Este ano achegaranse a Xinzo un grupo de Bretaña (Francia), un de Asturias, un de Ponte da Lima (Portugal), así como as duas bandas A e B de Xinzo e os aspirantes da Real Banda da Deputación. Este festival terá lugar na praza Carlos Casares o sábado 21.

Como en edicións antetriores  e  antes da actuación no festival as bandas percoreran rúas  do casco urbán de Xinzo e o domingo pola maña, darán tamén unha alborada na Praza Maior e no casco vello.

ACTUACIÓNS ESTELAR

 O xoves 19 será KEPA JUNKERA e SORGINAK ás 22,30h na Praza Carlos Casares.

I FESTA POPULAR “SANTA MARIÑA”

A Agrupación Musical da Limia será a encargada de organizar esta primeira festa ao longo de todo o día. Comezarán pola mañá con pasaruuas, xigantes e cabezudos e pola tarde noite con inchabeis  e diversos concertos tanto de bandas locais como da Banda de Tenorio (Pontevedra. Rematarán o día cunha cea, coa actuación do grupo Canela Cafuné e cun Dj.

42.000 € de presuposto

 Nesta semana grande das festas de Sta. Mariña o concelloinvestirá aproximadamente 42.000€, que segundo o concelleiro responsable é unha cantidade acorde co noso concello.