Xinzo de Limia

"D.E.P. Unha comedia de morte" en Xinzo de Limia

Terá lugar o sábado día 12 de maio ás 19:30 h

PHOTO-2018-05-08-12-18-41
Cartel "D.E.P. Unha comedia de morte"

O sábado día 12 de maio ás 19:30 h terá lugar a representación da obra teatral “D.E.P., unha comedia de morte”. O lugar onde se poderá visualizar esta obra será o auditorio “Angel Cotxo” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.


Esta obra, emprazada dentro do Festival de Teatro en Galego, conta con colaboradores como o Concello de Xinzo de Limia, a Deputación de Ourense, A Ourensana e a reaOU.


Dita comedia, representada por Jouse García e Xoque Carbajal, escrita por Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez e dirixida por Marcos Orsi, é unha representación levada a cabo polo grupo teatral Malasombra.

 

A temática, aínda que é tratada dunha forma cómica, é un asunto moi serio, pois se trata dunha pelexa entre dous irmáns por unha herdanza, a dá súa nai que aínda está viva.

 

 A entrada será gratuita para tod@s aquell@s que queiran asistir.